Repotenciación do parque eólico de Malpica
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, inagurou onte a repotenciación do parque eólico de Malpica, que reduce o número de 69 aeroxeradores a 7 de maior potencia. Convértese así no segundo parque que se repotencia en Galicia, despois de Cabo Vilán. A repotenciación fíxose cun investimento de 22 millóns de euros.
No seu discurso, o presidente da Xunta lembrou que as renovables achegan case o 90% da electricidade que consumen os galegos. Galicia é a segunda comunidade que más electricidade produce con enerxías renovables, supón o 4,3% do PIB de Galicia e xenera máis de 32.000 empregos.
Na actualidade hai 18 parques eólicos declarados como proxectos de especial interese e 12 xa están autorizados. Estes 18 novos parques eólicos suman 409 MW. Feijoo tamén sinalou que a finais de outubro do ano pasado, púxose en marcha o rexistro eólico galego, onde xa se contabilizan solicitudes de execución de 1126 MW.
Inauguración da repotenciación do P.E. Malpica |
Neste artículo de Manuel Lara Coira, publicado no número 20 de Dínamo Técnica podes coñecer máis sobre a orixe da enerxía eólica en Galicia. LEER “Treinta años de eólica en Galicia“.