Xornada sobre alternativas na compra da electricidade para a Administración Pública
A Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC), xunto coa deputación de A Coruña, organiza o vindeiro 7 de xuño no Pazo de Mariñán, unha xornada práctica na que se analizarán as diferentes alternativas para a compra da enerxía eléctrica na administración pública galega, en especial nos concellos.
Analizaranse alternativas de compra da enerxía eléctrica, o funcionamento do mercado eléctrico e como afecta na administración pública, posibilidades de compra directa no mercado maiorista OMIE, posibilidades dos concellos como comercializadoras de electricidade, as centrais de compras, etc.
No programa destaca Carlos González Patiño, delegado Noroeste de Red Eléctrica sobre o funcionamento do mercado eléctrico. Tamén intervirán, entre outros, Jesús Castro e Xosé Manuel Golpe, de FAEPAC ou Zeltia Lado, xerente de INEGA. Valentín González Formoso, presidente da deputación, participará na inauguración.