Coloquio sobre as Directrices enerxéticas de Galicia no Círculo de Empresarios de Galicia
O Círculo de Empresarios de Galicia, a través do seu Foro de Enerxía e Medio Ambiente, que dirixe Marcelino Otero, organizou o pasado 27 de xuño un almorzo coloquio sobre as Directrices enerxéticas de Galicia: cara unha economía verde, coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. No acto celebrado en Vigo, o conselleiro expuso as Directrices Enerxéticas de Galicia como folla de ruta para un novo modelo enerxético en Galicia.
A transición enerxética é un camiño para unha enerxía máis limpa baseada en enerxías renovables, eficiencia enerxética e na mobilidade sostible co vehículo eléctrico e con gas. A Xunta de Galicia ten previsto un investimento de 3.000 millóns de euros nos próximos tres anos. Define accións concretas como o aumento da capacidade renovable en 1.200 MW, cun investimento estimado de 1.300 millóns de euros.
Neste novo modelo enerxético é preciso a competitividade para satisfacer as necesidades dos consumidores e das empresas e dende a perspectiva do impacto económico e social. As directrices enerxéticas de Galicia fixéronse públicas este mes de marzo, por parte da Xunta de Galicia.