PRIMEIRO CONGRESO GALEGO DE XESTORES ENERXÉTICOS DOS EDIFICIOS (AGAXE 2012)

A eficiencia enerxética é un dos grandes desafíos económicos e ambientais do século XXI, nun momento de crise enerxética como a actual é imprescindible a optimización de tódolos recursos dispoñibles sendo recomendable realizar actuacións para acadar a excelencia na xestión da enerxía. Actualmente estase a desenvolver a figura do xestor enerxético, que é a persoa responsable da xestión da enerxía (compras, contratación do subministro…) e da optimización das propias instalacións eléctricas, calefacción, climatización, ascensores, industriais… tanto na empresa pública como na privada. Este primeiro Congreso Galego de Xestores Enerxéticos foi un foro de intercambio de ideas entre profesionais do sector de toda Galicia, promovendo a participación de poñentes do sector público e privado.

Xoves 4 de outubro de 2012

Lugar de celebración:

Edificio CERSIA do Concello de Santiago de Compostela, situado na Avda. Fernando Casas Novoa, nas proximidades do Estadio Multiusos de San Lázaro.

Comité Organizador:

  • Pedro Sánchez Mariño (Técnico municipal, responsable do mantemento dos servizos eléctricos municipais do Concello de Santiago de Compostela).
  • Jesús Manuel Giz Novo (Técnico Superior de Mantemento do Servizo de Arquitectura, Urbanismo e Equipamentos da Universidade de A Coruña).
  • Fernando Blanco Silva (Enxeñeiro Industrial).
  • Javier Basanta García (Responsable de Mantemento da Planta de Insuiña – Pescanova en Xove).

Colaboran:

  • Oficina de Promoción Económica do Concello de Santiago.
  • ELINSA.
  • FERROSER.

PROGRAMA:

9:15 – Acreditación participantes

9:30 – Inauguración por parte de:
– Luis García Bello (concelleiro delegado do Medio Rural, alumeado público e abastecemento e saneamento).
– Eliseo Diéguez, Director do Instituto Enerxético de Galicia.

10:00 –  “Axudas á eficiencia enerxética dende as administracións públicas”. Paula Uría Traba (INEGA).

10:30 – “Presentación das Jornadas Técnicas Gallegas de Iluminación (24 – 25 de outubro)”. Roberto Carlos González (Concello de Vigo).

10:45 – “Responsabilidades legais na prevención de riscos laborais para as obras de construción e mantemento de edificios promovidas dende a administración pública”. Fernando Blanco Silva (Enxeñeiro Industrial e Técnico Superior en PRL).

11:15 – Café.

11:45 – “Compra de enerxía eléctrica mediante subasta electrónica, experiencia con AQUANIMA”.  Héctor Álvarez Arias (Universidade de Vigo).

12:15 “La gestión energética: experiencias y reflexiones” Pedro Antas (profesor de la Escuela Técnica Superior de Arquitectura de la Universidade da Coruña).

13:00 – Mesa redonda: “Proxectos de colaboración público-privada en administración públicas e Empresas de Servizos Enerxéticos”

– Antonio Taboada Prado (Consellería de Sanidade): Plan de Eficiencia Enerxética do SERGAS.

– Alejandro García: Actuacións realizadas dende o punto de vista da empresa FERROSER.

14:15 – Comida

16:30 – “Mejora de la eficiencia energética a través del análisis del confort térmico” Dra. Sonia Zaragoza Fernández (profesora da Escola Politécnica Superior da Universidade da Coruña).

17:00 – “Déficit tarifario e evolución do prezo da electricidade” Dra. Rosa María Regueiro Ferreira (profesora da Facultade de CC. Económicas e Empresariais da Universidade da Coruña).

17:30 – “Sistemas de mejora de eficiencia energética en instalaciones eléctricas” Dr. Carlos Rivas Pereda (director I+D+i de ELINSA).

18:15 – “Actuacións e melloras no uso da enerxía na Universidade de A Coruña. Novas propostas”.  Jesús Manuel Giz Novo (Universidade de A Coruña).

19:00 – Clausura e conclusións.