Xornada en Vigo sobre o modelo enerxético
O próximo sábado 18 de febreiro celébrase en Vigo, unha xornada organizada por Amigos da Terra e Enxeñería sen Fronteiras, co apoio de Plataforma por un Nuevo Modelo Energético, sobre “Enerxía e Desenvolvemento sostible. A urxencia de repensar o modelo enerxético global”.
Na xornada participarán a enxeñeira industrial Sonia Ramos Galdo, do grupo de enerxía de Enxeñería Sen Fronteiras, Benigno Rodríguez Gómez, da Universidade de A Coruña, José Luis Villamarín Fernández, do grupo de enerxía de Amigos da Terra, Pablo Álvarez, presidente de Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega, Antón Román Portabales, estudante de doutaremento da Universidade de Vigo, Miguel Rodríguez Méndez, da Universidade de Vigo, Daniel Vila Barreiro, do grupo de enerxía de Enxeñería Sen Fronteiras e Julio Campo, de Plataforma por un Nuevo Modelo energético.
Tamén haberá espacio para dinámicas e networking. Está dirixida a persoas e organizacións vinculadas ao sector da enerxía, profesores da universidade e de formación profesional, centros tecnolóxicos, empresas, cooperativas, e persoas e organizacións de sectores relacionados (asociacións medio ambientais, terceiro sector, administracións públicas, organizacións de consumidores, partidos políticos, etc).
Xornada sobre o modelo enerxético:
Data: Sábado 18 de febreiro de 2017.
Lugar: Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Edificio Cambón (3ª Planta). R/ Oliva 3. Vigo.
Más información e Programa.
A inscrición é libre pero as prazas son limitadas. Será por orden de recepción e pecha o 15 de febreiro ás 15:00 horas.