Francisco Conde presenta as Directrices Enerxéticas no Parlamento
Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria, compareceu hoxe no Parlamento para presentar as Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020.
As Directrices queren ser un impulso para a transición intelixente cara a un modelo enerxético sustentable cun investimento público e privado de máis de 3.000 millóns de euros para este trienio. Tamén abarataran os custos enerxéticos e aumentarán a calidade do subministro, acadando un crecemento económico sustentable, apostando pola eficiencia enerxética e as enerxías renovables.
Está programado un investimento en enerxías renovables de 1.300 millóns de euros para a instalación de máis de 1.200MW. Na actualidade están tramitados 21 novos parques cun investimento de 543 millóns de euros e unha potencia de 500MW.
As Directrices tamén inciden na diminución do consumo e na sensibilización sobre a eficiencia enerxética con dúas metas claras: aforrar 150 millóns de euros ao ano e unha redución nos consumos do 4%.
O conselleiro tamén fixo referencia a un dos proxectos máis destacados, o Ecobarrio de Ourense, que contará coa primeira rede de xeotermia de Europa, que contará cunha rede de district heating.
Tamén se referiu a o impulso a proxectos de innovación, que permitirán crear oportunidades para as empresas do sector enerxético e desenvolver unha economía máis competitiva.