Xornada de presentación do proxecto BIOMASA AP (Santiago 28/11)
A xornada de presentación do “proxecto BIOMASA AP – Valorización de biomasa residual de alto potencial” celébrase o 28 de novembro, dende as 10:45 ata as 13:45 h, nas instalacións de FEUGA en Santiago de Compostela.
A presentación do proxecto será feita por os diferentes socios do proxecto. A xornada tamén conta con dous expertos internacionais que darán unha visión desta fonte enerxética en Europa e sobre novos procesos de transformación mediante conversión termoquímica, o Dr. Frank Behrendt e Alba Diéguez Alonso do Institut für Energietechnik Technische da Universität Berlin.
O proxecto transfronteirizo Biomasa-AP, cofinanciado polo FEDER a través da convocatoria POCTEP, busca optimizar a explotación e o aproveitamento enerxético da biomasa residual procedente dos restos de poda de vide e kiwi e das matogueiras. Tamén as posibilidades da súa utilización en procesos de combustión e gasificación para xeración, a pequena escala, de enerxía térmica e eléctrica.
A asistencia á xornada é gratuíta, previa confirmación. Pódese obter máis información sobre o programa e facer a inscripción a través deste E-MAIL.