O Foro Enerxético de Galicia reivindica a implantación de 600 MW eólicos
O Foro Enerxético de Galicia ven de reunirse a semana pasada en Lugo, con motivo da celebración da V Xornada Eólica en Galicia, co fin de analisar as posibilidades que para a Comunidade Autónoma ten a implantación de novos parques eólicos.
Este Foro quere poñer en valor o obxectivo de implantar 600 MW eólicos como forma de dinamizar a industria da Comunidade Autónoma, mediante a inversión de case 700 millóns de € en novos parques eólicos, o que suporá un interesante revulsivo para Galicia. Por parte do foro quere destacarse que esta inversión pode recaer en Galicia, debido a que a Comunidade Autónoma ten excelentes recursos para fabricar os compoñentes (palas, torres, turbinas…) e construir as infraestruturas necesarias (dende as zapatas dos aeroxeradores ata a ampliación e mellora das comunicacións terrestres existentes).
Para acadar esta potencia o Foro pide unha aposta clara por parte das empresas adxudicatarias da subasta eólica, das empresas fabricantes e das administracións competentes para que todos estes MW estén en funcionamento o 31 de decembro de 2019, tal e como obriga a convocatoria.