Axudas da Xunta de Galicia para a mellora da eficiencia enerxética en vivendas municipais
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado 25 de xaneiro unha convocatoria de axudas destinada a mellora da eficiencia enerxética en edificios de vivendas de titularidade municipal, ás que destinará 500.000 euros, e para vivendas de promoción pública propiedade da Xunta de Galicia, para o que se destina un orzamento de 3,3 millóns de euros.
Os concellos interesados disporán dun prazo de dous meses para solicitar as axudas (dende o 26 de xaneiro). As axudas están dirixidas a actuacións de mellora enerxética de melloras do illamento térmico e/ou da carpintería da envolvente, acompañadas de arranxos nas instalacións térmicas.
Consultar convocatoria: DOG 25/01/2017