Proxecto MODUL, solución de renovables para rexións remotas
O proxecto MODUL desenvolve un sistema modular para o uso de enerxías renovables en rexións remotas, preparado para operar en climas extremos e que sexa simple en canto á súa instalación, despregue e traslado.
O proxecto ten un orzamento duns 900.000 euros, apoiado polo programa de axudas Conecta Peme da Xunta de Galicia. Está liderado polo grupo lucense Norvento e a participación das empresas Ártabro-Samdeu e Temha.
Está ideado para zonas afastadas onde as necesidades de enerxía eléctrica se abastecen actualmente con combustibles fósiles (nalgunhas rexións de Rusia, Escandinavia, norte de América, África ou Latinoamérica). Con esta solución tecnolóxica consíguese unha mellora loxística na instalación de sistemas de enerxías renovables e abaratando custos.
Trátase dun novo proxecto de Norvento nesta área, no seu posicionamiento como referencia mundial en tecnoloxía para a electrificación renovable e remota. Outros proxectos liderados pola enxeñería lucense son o proxecto OG+ e tamén o proxecto ARTECH. Outras empresas colaboradoras nestes proxectos son ELINSA, fabricantes de cuadros eléctricos e de electrónica de potencia e solucións para smart grids, GENESAL, fabricante de grupos electróxenos ou a andaluza ISOTROL, enxeñería de solucións de control.
Aeroxeneradores e neve |