Axudas para proxectos de enerxías renovables térmicas
A Xunta de Galicia convoca as axudas para desenvolver proxectos de enerxías renovables térmicas para administracións locais, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos. A previsión é de mobilizar uns 5 millóns de euros no sector.
As axudan abarcan iniciativas de equipamentos para utilizar biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que empreguen como fonte enerxética a xeotermia, aerotermia ou solar térmica.