Subvencións da Xunta para a mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución de 3 de agosto pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade en vivendas e de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivenda 2018-2021.
Consideraranse actuacións subvencionables as seguintes:
- A mellora da envolvente térmica mediante actuacións en fachada, cuberta ou calquera paramento, substitución de carpintarías, acristalamentos e instalación de dispositivos bioclimáticos e de sombreamento.
- Instalación de sistemas de calefacción, refrixeración, produción de auga quente sanitaria e ventilación.
- Instalación de equipos de xeración con enerxías renovables como a enerxía solar, biomasa ou xeotermia.
- Actuacións que melloren a protección contra o ruído.
- Actuacións que permitan reducir a concentración de radón.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, contado a partir de mañá e remata no momento de esgotamento do crédito orzamentario.
Condicións para a solictude e máis información:
DOG 21 de agosto. Subvencións eficiencia enerxética en vivendas