Xornada sobre compra de electricidade celebrada en Mariñán
O pasado 7 de xuño celebrouse no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) unha xornada sobre as Alternativas na Compra da Electricidade para a Administración Pública, organizada pola Axencia Enerxética Provincial de A Coruña (FAEPAC).
Na xornada interviron Carlos González Patiño, Delegado Noroeste de Red Eléctrica de España, Jesús Castro Lozano e Xosé Manuel Golpe Acuña, de FAEPAC, Carlos Ventura do Ayuntamiento de Rivas Vaciamadrid, Zeltia Lado, Xerente do INEGA, David Pérez, de Gas Natural Fenosa, Tomás Ciria, de EREN (Ente regional de la Energía de Castilla León), Julio Pombo, da Universidade de Vigo e Ignacio Romero e Alfredo Losada, da Asociación Española de Abogados de la Energía.
Valentín González Formoso, Presidente da Deputación de A Coruña e Alejandra Pérez, Alcaldesa de Bergondo fixeron a inauguración.
O vindeiro luns 18 de xuño, tamén no Pazo de Mariñan, FAEPAC e a Asociacion de Empresas de Mantenimiento Integral y Servicios Energeticos (AMI), organiza una nova xornada sobre Cambios Normativos na Contratación da Eficiencia Enerxética.