Presentacion do autobús de Iberdrola e vehículo eléctrico en A Coruña
O evento consistiu nunha breve presentación das actividades sobre enerxías renovables e das vantaxes ambientais dos vehículos eléctricos, para reducir as emisións contaminantes e os gases de efecto invernadoiro do transporte urbano, e para reducir tamén a produción de ruído.
O acto estivo presidido polo Delegado en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva e polos Decanos do Colexio de Enxeñeiros de Minas, Juan José Iglesias e do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Oriol Sarmiento.