Tres anos de eólica offshore en Galicia
A eólica offshore en Galicia iniciouse hai tres anos, cun primeiro encargo de Iberdrola a Navantia para a construción de 29 jackets no parque de Wikinger. A construcción iniciouse seis meses despois, en xuño de 2015. Construidas no estaleiro de Fene, seguiron outros tres contratos: Statoil, Siemens e un novo con Iberdrola. Éste último desenvólvese na actualidade e consiste na fabricación de 42 jackets para o parque East Anglia One. Ten un investimento de 150 millóns de euros.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde visitou hoxe o estaleiro de Fene, na ría de Ferrol. Estivo acompañado polo presidente de Navantia, Esteban García, e o delegado en Galicia de Iberdrola, Francisco Silva. O conselleiro afirmou que a diversificación e a innovación son os elementos que abriron novas oportunidades a Navantia e ao naval galego. Tamén sinalou a importancia de consolidar esta liña de traballo da eólica offshore para o futuro.
As enerxías mariñas foron sempre unha reivindicación da revista galega de enerxía, Dínamo Técnica. No número 13 (xaneiro de 2014) insistíase nesta aposta da enerxía offshore en Galicia. Por outra parte, o proxecto Wikinger foi tema de portada do número 18 (abril de 2016).
Fotografía: Construcción das jackets do proxecto de enerxía eólica offshore Wikinger, nos estaleiros de Navantia en Fene (A Coruña). Fonte: Iberdrola.