O portavoz do PP no Parlamento responde ao Foro Enerxético de Galicia
O pasado 8 de novembro reuníase en Lugo o Foro Enerxético de Galicia para reivindicar a implantación de 600 MW de nova potencia de enerxía eólica na Comunidade. O Foro demandaba unha aposta clara por parte das administracións competentes para que estes novos parques eólicos entren en funcionamento antes do 1 de xaneiro de 2020, como obriga a convocatoria.
En declaracions feitas para RNE, Pedro Puy, portavoz do Partido Popular no Parlamento de Galicia, respondía ao Foro lembrando que a Lei de apoio ás iniciativas empresariais “simplifica enormemente a posibilidade de que se expanda o sector eólico en Galicia e se aproveiten as nosas posibilidades nese ámbito, sen necesidade de apoio extraordinario vía subvencións”.
Esta nova lei, aprobada no mes de octubre responde ás necesidades de sectores estratéxicos do tecido produtivo galego e busca que Galicia sexa máis competitiva e que máis empresas se instalen nos polígonos industriais galegos, abrindo a posibilidade de adquirir solo en mellores condicions e un marco normativo estable que reduce os plazos de tramitación para que as empresas se implanten con maior flexibilide. Un dos sectores aos que dedica un capítulo específico é o eólico.
Fotografía de cabecera: Pedro Puy nunha intervención no Parlamento de Galicia.