Aposta da Xunta de Galicia polo gas natural
O pasado 21 de xuño celebrouse en Ferrol a xornada técnica “Gas Natural Licuado: combustible alternativo para o transporte marítimo”. A xornada contou co director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.
O director xeral destacou a importancia do gas natural no mix enerxético e no desenvolvemento da economía verde. Incidiu no papel clave do gas natural para conseguir unha redución das emisións contaminantes e unha economía baixa en carbono. Tamén indicou que o gas natural é un combustible idóneo para o transporte marítimo e para o transporte pesado de mercadorías. Impulsar os dous tipos de transporte recóllese nas Directrices Enerxéticas de Galicia 2018-2020. Este documento publicouse pola Xunta hai escasos meses.
Por último, ratificou a aposta da Xunta de Galicia polo HUB de GNL de Ferrolterra, colaborando no proxecto para o deseño e construción das infraestruturas necesarias.
Fotografía: Ángel Bernardo Tahoces, director xeral de Enerxía e Minas, nunha fotografía de arquivo.