Inauguración das novas instalacións de Gas Renovable na Coruña
Onte inauguraronse na Coruña as novas instalacións da Unidade Mixta de Investigación (UMI) de Gas Renovable. Unha iniciativa promovida por Naturgy, o centro tecnolóxico EnergyLab e EDAR de Bens, coa financiación de GAIN.
Esta iniciativa pretende cambiar o modelo enerxético de mobilidade urbana da comarca. Pode cubrir as necesidades enerxéticas de 2.800 vivendas e xerar combustible para abastecer 3000 turismos ou 60 autobuses urbanos
A Unidade Mixta de Gas Renovable está adicada a produción de biometano (gas renovable) a partir dos residuos das estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) urbanas e da industria agroalimentaria. É o primeiro proxecto de España que utiliza a tecnoloxía de membranas para realizar o upgrading do biogás. Galicia ten un alto potencial de produción de biogás: máis de 40 millóns de m3 ao ano de residuos nas EDAR.
Unha das novas plantas é de xeración e outra para a subministración de gas renovable. Nunha primeira fase experimental, cubrirán as necesidades de combustible dunha flota de furgonetas da EDAR de Bens e dun autobús da área metropolitana da Coruña.
No acto participaron o alcalde de A Coruña, Xulio Ferreiro, o conselleiro de Industria, Francisco Conde López, o director xeralde Edar Bens, Carlos Lamora, o responsable de Novos Negocios de Naturgy, José Ramón Freire e o presidente de EnergyLab, Manuel Fernández Pellicer.