Reunión entre Xunta e Goberno polos suplementos territoriais de enerxía
Xunta de Galicia e o Goberno de España mantiveron onte unha reunión para abordar, entre outros temas, o proxecto de orde que dicta os suplementos territoriais de peaxes de acceso de enerxía eléctrica. Participaron o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, por parte da Xunta e o secretario de Estado de Enerxía, José Domínguez Abascal por parte do Goberno.
Segundo defendeu Conde, a Xunta de Galicia considera que a aplicación destes impostos medioambientais teñen como obxectivo compensar os efectos negativos sobre o contorno natural e non gravar as instalacións destinadas a subministración eléctrica.
Conde trasladou a confianza de que o Goberno atenda as alegacións da Xunta a este proxecto de orde do Ministerio de Transición Ecolóxica. A Xunta non comparte que sexan os cidadáns os que teñan que asumir directamente estes custos, e non as empresas. En caso de ser así, nunha Comunidade como Galicia, aos consumidores suporíalles un incremento mensual na factura de 1,3 euros.