Xornada sobre xeotermia e casos prácticos (Ourense, 29 de maio)
ACLUXEGA organiza unha xornada sobre “Xeotermia, casos prácticos” o próximo martes 29 de maio ás 19:00 horas na sede de Ourense (Praza das Damas, 1). É unha oportunidade para coñecer mellor a xeotermia: que é, os tipos e aplicacións da mesma. Tamén se coñecerán casos prácticos de usos da xeotermia en empresas e vivendas.
Os ponentes son todos membros da xunta directiva de ACLUXEGA: Lucía Novelle, xerente de INGEO, Manuel López Portela, CEO de ENERTRES e Heriberto Prieto, xerente de ERKANGEO.