Curso de orientación académica e enerxías renovables en Vigo
O próximo 29 de setembro iniciase o Curso de Orientación Académica e Enerxías Renovables na Escola de Enxeñaría de Minas da Universidade de Vigo. Trátase dun curso práctico, centrado na orientación ó mercado laboral dos universitarios e o papel das enerxías renovables na nosa sociedade. É o primeiro curso destas características que se celebra en Galicia.
No curso se facilitan coñecementos prácticos sobre o mercado das enerxías renovables, as necesidades de profesionais e adquirir ferramentas para a procura de emprego. Está dirixido a alumnado de enxeñarías e de formación profesional. No curso entrégase o Manual de Climatización Xeotérmica de ACLUXEGA.
O curso é impartido por profesores do Master de Enerxía e Sostenibilidad de Universidade de Vigo, profesionais de empresas do sector e tamén por expertos en orientación profesional e búsqueda de emprego.
Para máis información pódese escribir ao E-MAIL de ACLUXEGA ou no teléfono 886 122 895.