O orzamento do INEGA para 2019 medra un 27%
O orzamento do Instituto Enerxético de Galicia (Inega) para o ano 2019 medra un 27%, ata preto de 23 millóns de euros, alineado no desenvolvemento das Directrices Enerxéticas de Galicia e o impulso das enerxías renovables, co obxetivo de instalar máis de 1200 MW.
INEGA continuará a traballar en catro líneas: información, divulgación e sensibilización, formación e asesoramento técnico. Tamén no desenvolvemento de diferentes programas de axuda, como o relativo ao autoconsumo, con 4 millóns de euros, para proxectos no ámbito doméstico e empresarial, administracións e entidades sociais, con especial atención ao sector agrícola primario.
Outras convocatrorias serán as de enerxías renovables para usos térmicos, instalación de caldeiras de biomasa, auditorías enerxéticas, sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética.
Entre as actuacións singulares que se van desenvolver destaca o EcoBarrio da Ponte, en Ourense, con 2,5 millóns de euros. Tamén a posta en marcha de dúas estacións de recarga de GNL multicomercializadora, con 1,1 millóns de euros.
Neste orzamento tamén se contemplan 1,8 millóns de euros para o fomento de proxectos de biomasa en edificios do sector público cun aforro anual de dous millóns de euros.
O orzamento foi presentado no Parlamento polo director de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.